martes, 19 de diciembre de 2017

Premio Pitágoras: 5º e 6º EP

Os gañadores do Brozo-reto de de 5º nivel, elixidos polo xurado formado por Mini-bibliotecarios,  foron os alumnos e alumnas de 5ºC cos seus traballos en realidade virtual co programa CoSpaces. Sorprendeu moito o traballo de Ariadna García que creou unha réplica da súa aula con todos os seus compañeiros e propuxo un xogo de pistas para adiviñar o nome dun famoso matemático. 


E por último os gañadores do Premio Pitágoras en 6º nivel foron os traballos presentados conxuntamente polas aulas A, C, D e E de diversos retos matemáticos feitos manualmente: Labirinto Preguntón, Boom Matemático, A Oca Matemática, A Cidade Cilíndrica, O Ollo Matemático, A Ruleta do Tempo, Verdade ou Mentira, Mini Biblioteca PdB, Xeroglífico Matemático...



O resto dos retos presentados nestes niveis podedes visualizalos na nosa canle de YouTube: "Retos Matemáticos". Noroboa a tod@s por participar e sobre todo parabéns aos gañadores!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario