viernes, 23 de marzo de 2018

Premio Cervantes: 5º e 6º nivel de EP

No 5º nivel o gañador do Brozo-reto "Pensando coas palabras" foi o alumnado de 5ºA cun xogo de acertixos sobre animais e palíndromos (palabras ou frases que se len igual de dereita a esquerda que de esquerda a dereita) presentado coa ferramenta PowToon. 


E, por último, no 6º nivel os gañadores foron as aulas de 6ºA, 6ºC, 6ºD e 6ºE que presentaron o divertido xogo "Pasapalabra", elaborando dous roscos con fichas de dúas cores para poñer sobre as letras acertadas e as erradas, xunto cun extenso dossier con definicións de palabras da A á Z realizado polo alumnado de cada aula.

Premio Cervantes: 3º e 4º nivel de EP

Os gañadores de 3º nivel foron as aulas de 3º A, 3º C e 3º E por as súas creacións de cómics nos iPads. Clicade en cada unha das imaxes para visionalos.

No 4º nivel presentaron un xenial proxecto conxunto chamado "Mulleres no Tempo" no que cada aula elixiu dúas mulleres destacadas polas súas fazañas: Sonita Alizadeh (rapera e activista afgá coñecida por ser a voz en contra dos matrimonios forzados), Irene González (gardameta de fútbol coruñesa), Coy Mathis (nena transexual que gañou a batalla contra a discriminación en EEUU), Alicia Alonso (gran bailarina cubana), Bethany Hamilton (surfista coñecida por superar con éxito as lesións producidas por un tiburón), etc.


A cada unha delas compuxéronlles unha canción con datos e anécdotas das súas vidas. Clicade en cada unha das imaxes para escoitar algunhas das composicións. 




jueves, 22 de marzo de 2018

Premio Cervantes: 1º e 2º nivel de EP

No 1º nivel presentáronse moitos Brozo-retos relacionados cos escornabots: Sopa de Letras Robótica, Robo-sílabas, Palabras Secretas, Super Historia Robótica... Pero só un podía ser o gañador. Así que os nosos Mini- bibliotecarios despois de unha difícil decisión decidiron dar o Premio Cervantes aos nenos e nenas de 1º C polo seu taboleiro de "Palabras Secretas"
Parabéns rapaces!



No 2º nivel os gañadores foron os alumnos e alumnas de 2º E pola parodia da famosa canción "Despacito" de Luis Fonsi, explicándonos que son as palabras compostas.

Botádelle unha ollada ao vídeo e veredes que grandes compositores e artistas hai no noso centro!

Premio Cervantes: Educación Infantil

Xa está todo decidido! Un grupo de Mini-bibliotecarios acudíu onte ao pavillón de Infantil para decidir quen eran os gañadores de cada nivel.
Tratábase do 2º Brozo-reto da biblioteca no que había que xogar coas palabras usando calquera ferramenta, dixital ou analóxica.
Aquí os tedes. Parabéns peques!





miércoles, 21 de marzo de 2018

Oca Escornabótica

O noso alumnado de 3º quedou sen visita de compañeiros doutros niveis para que puidesen disfrutar dos Brozo-retos matemáticos que se fixeron en todo o cole no 1º trimestre, así que Brociños tivo unha idea xenial: agasallar aos rapaces cunha Oca Escornabótica para poñer a proba as súas destrezas matemáticas. 
Unha vez que as profes María e Pepa explicaron os sinxelos movementos dos escornabots tocaba tirar os dados e responder con dilixencia matemática ás preguntas relacionadas coas táboas, os problemas matemáticos, as horas, a colocación das cifras por unidades, decenas, centenas, millares, e... xa sabedes, usando o escornabot como ficha.



miércoles, 14 de marzo de 2018

Brancaneves e os 77 ananiños

Extra! Extra! Noticias frescas na nosa biblioteca! Brociños recibíu ben contento dende Sisalde as mostras de cariño que lle demostran na clase de 2ºE a través das súas fotos, murais e libros como xa contamos nunha entrada anterior do blog. Está encantado do cariño que lle teñen ao seu Broci- chaveiro.
E para agradecerllo  decidíu traer voando en forma de conto unha das novidades do mes de marzo “Brancaneves e os 77 ananiños”, unha versión ben diferente do relato orixinal, onde a moza con gran determinación cambia o fin deste conto de tanta tradición. 


Esta reinterpretación é unha historia divertida e chea de humor que cuestiona os estereotipos aceptados que moi a miúdo impiden a educación na igualdade de dereitos e oportunidades de nenos e nenas.

Esperamos que pasarades un bo rato con esta animación e mil bicos e abrazos de papel.

jueves, 8 de marzo de 2018

Nenas e nenos rebeldes en Ponte dos Brozos


Os días previos á celebración do Día da Muller os nenos e nenas de 4 anos coñeceron algunhas mulleres extraordinarias do pasado e do presente gracias ao marabilloso libro "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes".
Logo fixeron un pequeno libriño con moitas delas coloreando os seus retratos e decorando os seus nomes. 
Botádelle unha ollada ao vídeo elaborado polas súas profes.

Visita de Cristina Oreiro

Co motivo da celebración do día da Muller, na nosa biblioteca tivemos unha visita moi especial: a futbolista do Deportivo da Coruña Cristina Oreiro.


A súa paixón polo fútbol comezou naqueles partidazos do recreo no seu cole de Galán. Aínda que fose a única nena do cole xutando un balón, Cristina tivo moi claro dende ben nova que ela quería adicarse ao fútbol de maior. Así que cando contou na casa a súa decisión, os seus pais apoiárona e apuntouse no equipo de futbito do cole. Só lle puxeron unha condición: tiña que seguir estudando todos os días. E aínda que as veces estivera cansa de tanto adestramento e estudo, seguíu esforzándose e pasou por moitos equipos de fútbol feminino como o CF Oseiro, Pastoriza CF, Mabegondo FSF ou o Victoria CF demostrando o seu bo facer co balón. Nin sequera as fastidiosas lesións de toda boa deportista, conseguiron apartala do seu desexo máis grande: xogar no estadio de Riazor. E sendo fiel ao seu lema: “Pódese conseguir con esforzo e tesón todo o que un se propón”, na actualidade forma parte do equipo do Deportivo da Coruña feminino.


Os nosos alumnos fixeron cola no recreo para que lles firmara nas súas carpetas, axendas ou mesmo nos neceseres de Educación Física e aproveitaron para facerlle moreas de preguntas. Para a rapazada do noso centro, Cris Oreiro xa é a nosa Cris, a número 12 do Depor. Moitas grazas campiona!

Tamén queremos agradecerlle ao Equipo de Convivencia do centro e a Dolores (profe de Ed.Física) a preparación desta actividade. Aquí vos deixamos unha foto de cando xogaban xuntas ao fútbol.

miércoles, 7 de marzo de 2018

Pioneiras de Arteixo

Con motivo da celebración do Día da Muller, os nenos e nenas de 2ºE decidiron investigar para recompilar información sobre mulleres destacacadas de Arteixo. Así descubriron quen foi a primera mestra, Dora Vázquez, a primeira taxista, Emilia Viñán ou Marta Brañas, campiona de boxeo.
A nosa sorpresa foi maior ao saber que unha das mulleres investigadas, Maribel Otero, 1ª campiona de hockey sala de Arteixo sería este ano homenaxeada o 8 de marzo e, ademais viría visitarnos á biblioteca do cole.


Maribel chegou con Xabier Maceiras, autor do libro e do blog Crónicas de Arteixo, do cal poideron sacar moita información. Fixéronnos pasar un momento moi agradable coñecendo máis historias do noso concello e das súas mulleres.



Agora o alumnado de 2ºE compartirá esta semana todo o seu traballo de investigación cos demais compañeiros e compañeiras de nivel. Noraboa rapaces!!

martes, 6 de marzo de 2018

Kits robóticos

Durante o mes de febreiro tivemos na clase de 5ºB os 10 kits viaxeiros My Robot Time de HispaRob. Cada kit robótico está formado por pezas (moitaasss pezas), una placa pre-programada con 4 programas, motores e sensores.


Decidimos traballar en parellas neno-nena e o primeiro que tiveron que facer foi organizarse. Esta parte custou un pouco pero logo foi doado montar os robots seguindo as instruccións. Tamén foi importante axudarnos uns aos outros porque estaba prohibido preguntarlle ao profe para solucionar problemas sen, polo menos, ter tentado solucionalo sós e preguntarlle polo menos a un compañeiro. Ao final conseguimos o noso obxectivo: montar os robots, colaborar e divertirnos.



Aquí vos deixamos un vídeo resumen que reflicte todo o traballo.

lunes, 5 de marzo de 2018

Mellores lectores do mes de febreiro


Parabéns aos novos campións da lectura! Esperamos que sigades lendo moito e gozando de novos libros.

Novidades marzo: mulleres extraordinarias

Aquí están... novos libros que falan de mulleres, de vidas extraordinarias e inspiradoras que, tras verse en moitos casos silenciadas ou terxiversadas, saen á luz para ofrecernos unha nova perspectiva sobre a historia e os seus protagonistas. Pero as súas páxinas revélannos algo que resulta mesmo máis significativo: as grandes mulleres rara vez actúan soas, senón que contan co respaldo de compañeiras e impulsoras ou se inspiran en pioneiras que as precederon. Todas elas están unidas por lazos profundos e a maioría é consciente da importancia de achandar o camiño para as que virán despois.


Tamén atoparedes entre as novidades unha reinterpretación do conto clásico de Brancaneves e outra de Cincenta que supoñen un canto á liberdade. Dúas historias divertidas e cheas de humor que cuestionan os estereotipos aceptados que moi a miúdo impiden a educación na igualdade de dereitos e oportunidades de nenos e nenas.

viernes, 2 de marzo de 2018

Aprendendo mates cos peques de 5 anos

O alumnado de 1º visitou durante varias xornadas a Aula de Contos de Educación Infantil para que os nenos e nenas de 5 anos contásenlles os seus segredos para ser uns expertos matemáticos. Alí tíñanlles preparada unha maleta con diferentes xogos: a casa da bruxa na que coa súa vasoira borrou algúns números da táboa do 1 ao 100; os veciños desaparecidos; concurso de sumas; os números exipcios; quebracabezas das familias numéricas con debuxos escondidos e o gran crebacabezas da táboa do 100 con simpáticos monstros.





jueves, 1 de marzo de 2018

Brociños e os seus fans

Hoxe dedicamos esta entrada para darlle as gracias aos nenos e nenas da clase de 2ºE por coidar tanto do noso Broci-chaveiro cando vai de visita ás casas para axudarlles a ser os mellores lectores do mundo enteiro.
Aquí deixamos algunhas das aventuras e viaxes dos nen@s e o Broci- chaveiro.



  


Por suposto, Brociños está informado dos progresos na lectura dos seus amigos de 2ºE, e como premio, os agasallará cunha sorpresa que será coñecida en todo Arteixo!!