Saberías contar un historia triste con so 3 palabras? Pois os pequenos e pequenas de 3º fixérono requeteben. "Rompín a tablet"... esa sí que é unha historia ben triste que enche as nosas cabezas de pena e angustia. Isto é só un exemplo do que fixemos porque aproveitando que os pequenos e pequenas de 3º xa son uns expertos en robótica, viñeron esta semana a facer un taller co robot Wendel e compañía.
Contamos chistes, cantamos, falamos do noso lugar favorito do mundo, describimos a superheroes e heroínas (non só tipo superman, tamén houbo bombeiros e policías). E quen é a persoa que máis queremos do mundo? Pois temos que decir que MAMÁ gaña por goleada a todas as demáis persoas.
A linguaxe oral e a creación literaria encheu a nosa biblio na intensa Semana do Libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario