Os peques de 3 anos convertéronse en mentores do alumnado de 6º de Primaria ao longo deste mes explicándolles como funciona o robot abella Bee-Bot. Contáronlles que os seus inicios en robótica foron a través do conto "Corre, corre cabaciña". E para demostrarlles que xa son expertos na materia, colleron aos personaxes do conto e colocáronos nun panel onde debían chegar ao lobo, do lobo ao oso, levar á avoa á cabaza... primeiro facendo o paseo coa man e logo dando a orde ao Bee-Bot.
Tamén lles ensinaron a xogar con outros paneis que foron facendo ao longo do primeiro e segundo trimestre: o conto dos 3 porquiños, un mapa do tesouro, instrumentos musicais, formas xeométricas, cores e rectas numéricas.
A verdade é que foron uns talleres moi divertidos e que todos o pasaron xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario