martes, 8 de mayo de 2018

Preto do Selo CCB

 O Selo CCB  é un recoñecemento anual que ten como finalidade resaltar o valor dos proxectos máis destacados dos distintos tipos de bibliotecas a nivel nacional. É outorgado polo Consejo de Cooperación Bibliotecaria  que é un órgano dependente do Ministerio de Cultura.
Decidimos presentar o noso Proxecto Territorio das Art-Tics no mes de setembro dentro da categoría de Bibliotecas Escolares porque temos un pouco de soñadoras e un pouco de insensatas. 
Non conseguimos ser gañadores do selo pero fomos finalistas e para nós xa é un logro moi importante que nos carga de enerxía positiva.
Queremos enviar a nosa noraboa aos dous centros gañadores e ao compi finalista. No enlace podedes ver os seus proxectos. Unha honra estar ao voso lado.


1 comentario:

  1. Noraboa por ese recoñecemento tan importante!! A seguir traballando así de ben!

    ResponderEliminar