Como vén sendo habitual estes últimos anos, o pasado venres recibimos a visita na Aula de Contos de Infantil do alumnado das unitarias de Larín, A Lagoa, Rorís... e de unha mosca moi famosa entre os nosos peques. A mosca chosca e os seus convidados (o escaravello revello, o sapo castrapo, a raposa chistosa, a moucha repoucha, o morcego chairego, o lobicán pillabán e o oso larpeiro) foron os encargados de recibir como se merecen aos nosos futuros alumnos e alumnas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario