lunes, 26 de noviembre de 2018

Experimentos científicos na biblio

Aprender sobre densidades coas mans cheas de mel, ver a combustión xogándonos a vida cun chisqueiro, facer maxia cunha bolsa e uns lapis, descubrir que non todo o duro é duro e o brando é brando e facer un aerodeslizador que nos lembrou á peli Regreso ao Futuro... Para todo iso está dando o Mes da Ciencia en Galego na biblioteca.
Nunca estivo tan desordenada, caótica e sucia pero canto temos aprendido nesta semana! Preparar o experimento, decidir como se organizan os científicos, redactar e practicar a presentación, ver como o experimento fracasa e ser quen de modificalo polo aire, buscando unha solución. Moitos nervios e moita emoción e un profundo respecto polos pequenos de 2º de EP que foron os que fixeron todo o traballo coas súas titoras.
Pepa, Patricia, Rosa, Cris, Ximena e a panda de pequenos e pequenas,  sodes xeniais!!!!! Grazas... Mil grazas.


3 comentarios:

  1. O mellor de todo é que o pasaron xenial e xa teñen ganas de repetir! Esperamos que os maiores tamén o disfrutaran coma nos. Creo que estamos ante os científicos e as científicas do futuro.

    ResponderEliminar
  2. Xa che digo, un que eu sei pasou unha semana de nervios tremenda. E o día da exposición decía que lle temblaban as pernas. Pero está desexando repetir. Unha boisima idea.

    ResponderEliminar