miércoles, 13 de marzo de 2019

Iago López e o Lobo con Botas

De novo visitounos un dos nosos contadores de contos favoritos: Iago López, que veu esta vez para contar as andanzas do Lobiño Feroz polo bosque dos contos cando decide facerse rico, rico cunha xastrería... A súa voz doulle vida non só ao Lobo Feroz senón tamén ao Gato con Botas e ao terrible xigante que veu destrozar o bosque dos contos.
A verdade é que a nós gústanos moito o personaxe do Gato con Botas, igualiño que o Lobiño. Realmente é un superheroe, listo, resolutivo e valente. Pero a verdadeira heroína desta historia foi  á Lobiña Candela, que fixo unha superactuación, e conseguiu vencer ao xigante. 
O conto O Lobo con Botas (El Hematocrítico, Edicións Xerais) serviunos tamén para darnos conta do importante que son os amigos. Moito máis que calquera xoguete mercado.
Moitas grazas Iago pola túa visita. Encántanos que sexas xa como "da casa". 


No hay comentarios:

Publicar un comentario