viernes, 5 de abril de 2019

Lembrando a Hans Christian Andersen


Hans Christian Andersen naceu pobre e morreu rico. Soñou con honores e tívoos. Desexou recoñecemento e recibiu a admiración dos seus contemporáneos. Gustoulle viaxar e foi un dos escritores máis viaxeiros do século XIX. E con todo, non foi un home feliz. O pasado 2 de abril, cando cúmprense 214 anos, celebramos no seu recordo o Día Internacional do Libro Infantil. 
Esa infelicidade que empezou na súa nenez alá en Odense na illa danesa de Fiona, foi pousando en moitos dos protagonistas dos seus contos. Quen non leu El Patito Feo, El Soldadito de Plomo, La Pequeña Cerillera ou La Sirenita e non se sentiu aflixido? É unha tristeza que molla aos personaxes como a choiva, pero que, como na vida mesma, non o asolaga todo. Tamén hai días asollados nas súas historias e de vento, de néboa e de neve.

A mellor homenaxe que se lle puido facer esta semana é volver aos seus textos. Neles hai poesía e hai vida, unha vida que que non se quedou antiga e que segue falando aos novos lectores do século XXI. Isto foi o que fixeron os nenos e nenas de 2º durante os proxectos lectores e para que así conste compártennos os debuxos que fixeron do libro que cada un leu.


No hay comentarios:

Publicar un comentario