martes, 2 de abril de 2019

Plastilinas condutivas

Os nosos makers de 2º foron nada máis e nada menos que a visitar aos auténticos Makers da Domus.
Ademáis de compartir as súas reflexións e experiencias sobre o mundo maker, estiveron a aprender sobre circuítos eléctricos simples con plastilinas condutivas e non condutivas. Así que argallando, probando, errando e divertíndose, foron quen de darlle luz a todos os seus proxectos, a pesar dalgúns dos cortocircuítos provocados... Botádelle un ollo a esta experiencia e as súas producións. 


Parabéns aos Makers da Domus e moitas grazas pola vosa axuda. Manuel e Pilar, sodes os mellores profes que mestres e cativos podiamos ter!

No hay comentarios:

Publicar un comentario