Hai grandes contadoras de historias que desde que din a primeira palabra engaiolan aos pequenos e pequenas e desde logo, Celtia Figueiras é unha delas. A través do
libro Cantamos? de Guindastre Edicións, escrito por ela e interpretado por Luis Vallecillo, contounos tres pequenos relatos “O gato con
botas, “Os tres porquiños” e “O parrulo feo". As súa voz e as súas mans déronlle vida aos monicreques que nos entusiamaron.
Rosi, a protagonista do conto, é unha nena a que lle gusta a música e axudounos a descubrir que os contos tamén se poden cantar. Acabamos aprendendo a canción e cantado e bailando todos xuntos.
Celtia conseguiu que fósemos os protagonistas da narración como só fan os grandes contadores e non houbo nada máis que a maxia das historias, da música e as palabras. Totalmente entregados.
Moitas grazas, titiriteira!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario