viernes, 21 de junio de 2019

Ata sempre!


Non hai forma mellor para despedirnos que con eles e elas: Os Mini-Bibliotecarios, que marchan cara ao instituto. Só queremos que recordedes que o segredo é rodearse de persoas que vos fagan sorrir o corazón. É entón e so entón que estaredes no País das Marabillas.




Pero esta vez non só despedimos aos Minis, tamén nos despedimos nós... Durante sete anos esta biblioteca foi dinamizada e xestionada cun único obxectivo: que os nenos e nenas deste colexio gozasen da lectura, das historias e do coñecemento, tentando que sempre atopasen as actividades atractivas e divertidas. Por eles e con eles traballamos con ilusión e entusiasmo. 
Agora chega o momento de deixarlle o temón a outros compañeiros. Desexámoslles moita sorte na nova etapa e que gozen da experiencia coma o fixemos nós.

GRAZAS aos que durante todos estes anos formaron parte do equipo.
GRAZAS a tod@s os que nos apoiaron e nos axudaron a construír este proxecto.
GRAZAS a vós, pequenos e pequenas, por facer que a biblioteca fose un espazo vivo, creativo e versátil. 


FELIZ VERÁN A TOD@S. ATA SEMPRE!!