lunes, 2 de diciembre de 2013

Libros gratuítos para descargar creados por pais: @EditorialWeeble


A Editorial Weeble é un proxecto formado por uns pais, que se foron decatando do difícil que é que os nen@s lean hoxe en día e que ademais esa lectura lles proporcione algo de formación e diversión. Así que se propuxeron a facer libros divertidos e modernos, libros culturais e útiles que lles atrapen e desenvolvan a súa imaxinación.
Todos os libros poden ser descargados gratuitamente a través de iOs nos iPads ou en PDF para imprimir dende Dropbox.
Estes son os libros que están dispoñibles na web da Editorial Weeble e que por suposto descargaremos nos iPads da biblioteca para que tod@s poidades gozar destas lecturas.
Tamén podedes utilizalos na hora do proxecto lector todas as aulas que dispoñedes de iPads ou carro de portátiles.

    
Clicade nas imaxes para descargar

"Mi primer viaje al Sistema Solar": Álvaro é un neno que está a xogar no parque cando de súpeto unha nave descende e aparece un extraterrestre. Este invítao a subir na nave e percorrer o Sistema Solar.
A través da viaxe Álvaro irá descubrindo os planetas e as súas principais características. 
Recomendado para lectores de máis de 6 anos.
"Viaje a las estrellas": A segunda viaxe de Álvaro con Pruf Prof. X-60. Esta vez diríxense na súa nave a coñecer as estrelas e constelacións máis importantes.
Un paseo para coñecer a Osa Maior, Menor, a estrela Polar, a constelación de Lira, o triángulo de verán, Orión, etc.
Recomendado para lectores de máis de 6 anos.

    
Clicade nas imaxes para descargar

"El descubrimiento de América": Un conto ilustrado dirixido a nen@s de 7 a 12 anos, onde se relata de forma divertida o descubrimento de América para que comecen a entender os acontecementos máis importantes da Historia.
"La guerra de Troya": unha historia entre a realidade e a ficción, onde os deuses se confunden cos heroes e os heroes cos homes. 
Recomendado para lectores de máis de 8 anos.

    
Clicade nas imaxes para descargar

"Amundsen", el explorador polar": A historia do explorador polar noruegués Roald Amundsen contada en forma de aventura. O primeiro home que chegou ao Polo Sur.
Recomendado para lectores de máis de 6 anos.
"Descubriendo a Mozart": é o primeiro libro dunha colección onde pretenden ir descubrindo, os máis grandes músicos, pintores e artistas da Historia. O primeiro libro dedícano a este xenial músico que nos regalou máis de 600 obras para o noso desfrute.
Recomendado para lectores de máis de 5 anos.


Os libros poderedes localizalos na app iBooks Store dos iPads da biblioteca


*Grazas ao profe José Carlos pola recomendación desta páxina web e grazas á Editorial Weeble pola fantástica iniciativa.

2 comentarios:

  1. Hola, soy uno de esos padres que hemos creado el proyecto Editorial Weeble. Gracias por difundirlo y compartirlo. Nos encanta que os gusten los libros y os resulten útiles.
    Pasaros por la página web poruq ya tenemos dos más y seguimos creando, gracias al apoyo que nos dais personas como vosotros.

    Un saludo,
    Fernando

    ResponderEliminar
  2. Los descargaremos también en los iPads de la biblioteca.
    Gracias a vosotros por el fantástico trabajo que estáis realizando.
    Saludos

    ResponderEliminar