miércoles, 12 de febrero de 2014

Hoxe visitounos... Alberto Vázquez

Alberto Vázquez é autor de comics, ilustrador e animador. Seus libros foron publicados en países como Francia, Italia e Brasil. Foi colaborador habitual do diario EL PAIS varios anos e ilustra en multitude de revistas nacionais e internacionais. Gañou no 2012 o premio Goya a mellor curta de animación con "Birdboy" premiada en máis de 30 festivais internacionais.
As súas obras tamén foron obxecto de varias exposicións en distintas cidades do mundo: Bos Aires, La Paz, Nápoles, Beja, Barcelona, Ourense...
Nestes momentos está a preparar a adaptación dunha das súas novelas gráficas "Psiconautas", como unha película de animación.


Hoxe visitou a nosa biblioteca para falar co alumnado de 1º de Primaria do seu conto interactivo "Marina y la luz" publicado pola editorial Dada Company, unha aplicación sen locución nin texto que axuda aos nenos a desenvolver o vocabulario e a imaxinación xogando.
(ver entrada anterior sobre o conto aquí)

Os nosos peques estaban algo nerviosos coa chegada de Alberto, xa que levaban varios días preparando o conto. Varios deles foron narrando a súa versión ao longo das 15 pantallas que ten o conto viaxando por diferentes escenas nas que a luz é a protagonista.



Despois Alberto explicoulles o proceso de elaboración de "Marina y la luz", de como se leva un debuxo a animación e para iso mostroulles os seus deseños en acuarela orixinais onde puideron observar os distintos elementos do conto por separado. 



Non daban crédito! Estaban entusiasmad@s!


Tiñan tanta curiosidade que lle fixeron un montón de preguntas!


Grazas Alberto, foi un auténtico pracer a túa visita á nosa biblioteca. Esperamos que pronto publiques un novo conto e que teñas moito éxito co teu novo proxecto.



Pousando orgullosos co regalo asinado por Alberto para a biblioteca

No hay comentarios:

Publicar un comentario