lunes, 10 de febrero de 2014

Premio Fundación Cuatrogatos 2014

O Premio da prestixiosa Fundación Cuatrogatos 2014 foi outorgado, polos seus méritos literarios e plásticos, a 20 libros para nenos e mozos de autores iberoamericanos.
O principal obxectivo desta distinción é contribuír a destacar os valores das obras premiadas, para que cheguen, durante este ano 2014, ao maior número posible de fogares, escolas e bibliotecas. Tamén é un recoñecemento aos escritores, ilustradores, deseñadores gráficos e editores dedicados á produción de libros para a infancia e a xuventude.

Este é o folleto dixital cos 20 libros infantís e xuvenís gañadores do Premio coa seguinte clasificación de lectores:

Para ler cos máis pequenos
Para os que empezan a ler sós
Para os que despegaron como lectores
Para os que se atreven con libros longos
Para os que se volveron grandes lectores


No hay comentarios:

Publicar un comentario