"Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro. Lo dejo suelto y se va al prado y acaricia tibiamente, rozándolas apenas, las florecillas rosas, celestes y gualdas..."
Hai 100 anos que Juan Ramón Jiménez escribiu estes versos que narran a historia do burro Platero. Fábula, novela, relato e poesía que fan de "Platero y yo" un clásico do repertorio literario español. Como conmemoración deste centenario o portal de educación e entretemento Funbox, lanzou unha app chamada "¡Sígueme Platero!" que invita a acompañar a Platero nas súas aventuras polo pobo de Moguer, creada co obxectivo de fomentar a lectura infantil de forma interactiva.
Queredes xogar descubrindo as diferentes pasaxes desta obra universal, coñecer de primeira man aos personaxes ou resolver os crebacabezas de enxeño que o xogo propón? Pois cando visitedes a nosa biblioteca encontrarédesvos a app xa instalada nos iPads.
Se preferides ler algún libro de "Platero y yo", estas son tres das versións que poderedes atopar nos estantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario