Neste ano 2014 cúmprense 50 anos dende que se publicou a primeira edición da fantástica obra de Roald Dahl "Charlie e a fábrica de chocolate".
A historia de Charlie Bucket, os cinco Billetes Dourados, os perversos Oompa-Loompas e o incrible Willy Wonka foi traducida a cincuenta e cinco idiomas e vendeu preto dos vinte millóns de exemplares en todo o mundo. En moitos sentidos, "Charlie e a fábrica de chocolate" é o libro que define a maxia de Roald Dahl para os lectores de todo o planeta.

Esta historia mostra como ás veces unha decisión pode transformar radicalmente toda unha vida... E isto é xusto o que lle sucede a Charlie. Neste marabilloso relato, Roald Dahl realiza unha das súas mellores críticas sobre o comportamento humano.
Charlie Bucket é un neno que vive cos seus pais e os seus catro avós nunha casa moi pequena e pobre onde o único sustento do fogar provén do pai. A Charlie encántalle o chocolate, pero non pode compralo, polo que debe esperar ata o seu aniversario para recibir como regalo unha libra de chocolate que a súa familia adquire con grande esforzo. Días previos a esa data, unha noticia o sacode: o produtor de chocolates máis famoso do mundo, Willy Wonka, decidiu abrir as portas da súa misteriosa fábrica aos cinco nenos que encontren un billete dourado na envoltura dalgunha das súas lambetadas. O anuncio alborota ao mundo enteiro, sobre todo porque os gañadores poderán levarse á casa unha provisión de por vida dos máis deliciosos chocolates. Pouco a pouco, aparecen un a un os gañadores arredor do globo: o extremadamente lambeteiro Augustus Gloop; a caprichosa Veruca Salt; Violet Beauregarde, a nena á que só lle interesa mastigar gomas de mascar; e Mike Teavee, un pequeno que non pode despegarse do seu aparato de videoxogos. Charlie segue atentamente as noticias, a pesar de que no seu aniversario non achou ningún billete dourado no chocolate que lle obsequiaron. Non obstante, a sorte deste nobre pequeno está apunto de cambiar...

Seguramente case tod@s coñeceredes a historia de "Charlie e a fábrica de chocolate" pola versión cinematográfica que fixo Tim Burton no ano 2005, pero... coñecedes o libro no que se basea a película? A verdadeira historia de Charlie?
Suxerímosvos que se non a vistes non o fagades ata ler o libro. Unha cousa é saber de que vai a historia, o que nos mostraron as súas adaptacións cinematográficas e outra o que o libro ofrece, que é moito mais. Porque introducirte na historia de Charlie é viaxar a un mundo afastado e á vez próximo, igual que o noso, pero moi distinto. Poderedes viaxar por ríos de chocolate, durmir en nubes de algodón, soñar con novos sabores e descubrir novos inventos sorprendentes.
Aquí temos os nosos pequenos lectores gozando desta marabillosa versión pop-up de "Charlie e a fábrica de chocolate" na biblioteca. Un libro da editorial Combel que conserva toda a filosofía do orixinal adaptado para idades máis temperás cun despregamento de imaxinación a partir das ilustracións de Quentin Blake. Un luxo de edición polas súas cores, poemas, animacións e sorpresas. Só lle falta ulir a chocolate!

En Roald Dahl- The Official Website poderedes atopar información sobre os actos que se realizarán durante todo o ano para celebrar este aniversario. A web ofrece aos fans acceso ao extenso arquivo que contén os primeiros bosquexos da historia a cargo do autor, así como actividades gratuítas e de doada descarga.
Un libro de lectura obrigada! Palpitante, divertido e xenial!
ResponderEliminarNon podemos estar máis de acordo. Boa reseña.
EliminarSaudiños
Me ha encantado este libro. Lo he devorado en una semana y también he visto la película.
ResponderEliminarLo recomiendo a todos mis compis de clase.
Grazas polo teu comentario, Marina. Esperamos que os teus compis tamén se animen a disfrutalo... A película é divertidísima e encántanos ese Willy Bonka-Johnny Depp e os Umpa Lumpa.
ResponderEliminarSaudiños.