miércoles, 2 de abril de 2014

Día Intenacional do Libro Infantil 2014

Hoxe, día 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY (International Board on Books for Young People) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil desde 1967 co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunda en colexios, bibliotecas, nos medios de comunicación, etc.

Este ano o país elixido é Irlanda. O deseño do cartel é da ilustradora Niamh Sharkey e a mensaxe, que podedes ler a continuación, da escritora Siobhán Parkinson.


No hay comentarios:

Publicar un comentario