Por se algún de vós non coñece ao xenio Gaudí, o equipo pedagóxico de iDactic deléitanos cunha aplicación sobre este prestixioso arquitecto catalán e que xa adquirimos e descargamos nos iPads da biblioteca para os nosos lectores autónomos e expertos. A diversión e a aprendizaxe están garantidas!
Cando iniciedes a aventura deberedes poñerlle nome aos 5 personaxes do conto. Desde este momento sentirédesvos parte da historia posto que os nomes cos que os bautizastes vos acompañarán ata chegar o segredo de Gaudí. Tamén iredes coñecendo feitos da vida de Gaudí a través da súa biografía e os edificios máis emblemáticos que deseñou e construíu.
Estar atento na lectura será imprescindible para resolver os crebacabezas e probas que irán aparecendo en certos momentos da aventura. A maioría deles contan cun cronómetro para que encontredes a solución antes de esgotar o tempo dispoñible polo que teredes que poñer todos os sentidos para resolvelos a tempo. Se non os resolvedes poderedes continuar avanzando e teredes que reler o texto de novo para poder encontrar a solución ao problema que se vos formula e así poder continuar descubrindo que segredo envolve a Gaudí e a súa obra.
Botádelle unha ollada ao vídeo de promoción da app para coñecer mellor os detalles.
Botádelle unha ollada ao vídeo de promoción da app para coñecer mellor os detalles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario