Con motivo do centenario da publicación de "Platero y yo", organizáronse unhas xornadas para os alumnos/as do primeiro ciclo durante o proxecto lector.
( ver entrada anterior sobre a obra aquí)
A profe María foi a encargada de falarlles desta xenial obra de Juan Ramón Jiménez onde se detallan os aspectos máis interesantes da realidade moguereña, do pensamento e do sentimento do autor. Tamén visionaron un precioso vídeo adaptado para a súa idade da páxina web artpoética.
O Equipo de Biblioteca pediu colaboración a todo o alumnado que quixera participar na elaboración dun gran mural traendo debuxos ou unhas liñas escritas con mensaxes para Platero nuns ladrillos de cartolina.
E este é o resultado. Grazas rapaces!
No hay comentarios:
Publicar un comentario