Rematou xa o segundo taller "Galería de monstros", creado polo Equipo de biblioteca para o alumnado de 4º de Primaria para celebrar o mes do libro.
A finalidade deste taller foi que os rapaces desenvolvesen toda a súa fantasía imaxinando e creando un monstro que aterrorice a calquera. Para iso tiveron que contestar a unha serie de preguntas previas:
Onde vive? Como se chama? De que se alimenta? A que ule? Como actúa cando atopa a alguén?...
Mirade as fotos e veredes que concentrados estaban algúns!
No hay comentarios:
Publicar un comentario