Aquí tedes as fotos dos contacontos organizados por algunhas das integrantes do Equipo de Biblioteca na aula de contos de Educación Infantil e na Biblioteca durante toda a semana pasada e parte desta.
Estiveron realmente fantásticas! Parabéns polo voso entusiasmo.
Estiveron realmente fantásticas! Parabéns polo voso entusiasmo.
4º Infantil
Editorial: Kalandraka
Autor/ Ilustrador: Werner Holzwarth/ Wolf Elrbruch
Sinopse: Unha terrible catástrofe cae sobre unha toupiña nunha mañá clara e soleada. Parece unha salchicha e o peor de todo é que o ten enriba da cabeza. Quen sería? A pomba, o cabalo, a lebre?
5º Infantil
Editorial: Kalandraka
Autor/ Ilustrador: Eva Mejuto/ Sergio Mora
Sinopse: Conto popular ruso. Na casa da mosca hai unha tarta de amoras, sete pratos, sete banquetas, sete animais a punto de merendar. xa non cabe ninguén máis... pero alguén peta na porta.
6º Infantil
Editorial: OQO Editora
Autor/ Ilustrador: Roberto Mezquita/ Alejandro Galindo
Sinopse: Unha bruxa de pelo roxo, farta das queixas da súa veciña, decide un día lanzarle un meigallo terrible e encerrala nunha botella.Por sorte, unha fada do bosque libera a vella do seu encerro e cúmprelle o seu desexo: vivir nuha casiña con horta, vacas e galiñas; pero a desagradecida muller axiña se mostrará descontenta e aspirará a unha vida mellor.
1º de Educación Primaria
Editorial: Anaya
Autora/ Ilustradora: Antonia Ródenas/ Carme Solé Vendrell
Sinopse: Rato Pérez dedicouse toda a súa vida a facer un regalo a cambio dun dente, pero dende que recibiu a primeira carta de Manchas Negras, un gato que soña con cantar, non vive tranquilo. Axudar a un gato que quedou sen dentes? Este personaxe fundamental da infancia, vese envolvido nunha perigosa aventura por axudar ao seu inimigo natural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario