jueves, 8 de mayo de 2014

Hoxe visitounos... Fina Casalderrey


Fina Casalderrey Fraga (Xeve, provincia de Pontevedra, 1951) é unha escritora galega, profesora de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e xornalista que foi premiada varias veces pola súa obra literaria.
No ano 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil "Mutacións xenéticas". Dende entón, publicou máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, sempre escritos inicialmente en galego, tradúcense habitualmente ás demais linguas do estado. Algúns tamén ao bretón, coreano, inglés, francés, italiano, portugués ou brasileiro.
Dende novembro de 2013 forma parte da RAG (Real Academia Galega) como membro numerario. 

Hoxe o alumnado de 5º de Primaria recibiu a visita desta xenial escritora na biblioteca cuxos libros dedicounos e asinou. Aprenderon moito sobre a autora, e contounos cousas interesantísimas, non só do libro "Gordiño recheo" senón tamén sobre as súas vivencias e da súa nenez. Recordou as súas experiencias como profesora e descubridora de posibles escritores.
Seguro que algún de vós xa quere tamén ser escritor/a de maior!


Tamén deixounos esta dedicatoria do seu paso polo noso colexio.
Grazas Fina!


No hay comentarios:

Publicar un comentario