O alumnado de 2º de Primaria tivo hoxe un encontro na biblioteca con Antonio Yáñez Casal, autor de "Xoa" que
nos primeiros minutos estivo a conversar cos nenos/as sobre o libro que leron
ao longo do curso: protagonistas, características dos personaxes, ambientación...
Falaron dos distintos nomes que se lle dan ás xoaniñas en Galicia, e tamen ás
lucecús (que por certo, son moitos)
Tamén lles ensinou as láminas A3 que fixo o
ilustrador Rodrigo Chao para o libro e conversaron sobre como cambiar o
final do conto, animando aos neno/as a escribir e debuxar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario