lunes, 2 de junio de 2014

A volta ao mundo en 80 libros


Dentro de pouco deixaremos a rutina atrás para gozar dun verán que nos levará a mundos afastados ou próximos pero diferentes ao do noso día a día. Para ir preparándonos, invitámosvos a visitar a nosa exposición sobre a volta ao mundo en 80 libros.
Podedes encontrar unha selección de libros de aventuras de "Tintín" e "Asterix" ou clásicos como "A volta ao mundo en 80 días" ou "20.000 leguas baixo dos mares". Tamén temos guías de grandes cidades como "Isto é Nova York", "Isto é Roma".., contos de lugares lonxanos como "Los Amantes mariposa", "Mowgli" ou "O León Kandinga". Seleccionamos libros sobre descubridores como "El gran Viaje de Darwin" e, como non, maravillas do mundo como "Pirámides" o "Descubrindo a Arte". Non podían faltar atlas de xeografía ou  comidas exóticas como "Una cocina tan grande como el mundo" e un longo etcétera... 

Aproveitade as vosas visitas semanais á biblioteca para disfrutar desta exposición.



Grazas ao profe Carlos e ao alumnado de 2ºE por colaborar na elaboración do mural

No hay comentarios:

Publicar un comentario