martes, 20 de mayo de 2014

Vendaval de contos con... Anxo Moure


Hoxe visitou a nosa biblioteca Anxo Moure para contarnos contos e historias que falan de ríos, das árbores, da paz... e de "A xacia Luviñas" (contan as lendas que os xacios e as xacias son seres medio humanos, medio peixes que vivían nos pozos do río Miño)
Este "pescador de contos" pesca coa súa cana contos que escapan do lixo no río, da contaminación, da seca das lagoas... E que fai logo con eles? Pois cociñalos, para alimentar a nosa imaxinación e para que a través das nosas palabras poidan voltar nadar nos ríos, nas lagoas e bañarse nas fervenzas.
Anxo chegou á nosa biblioteca preparado para pescar moitos contos arrastrando o seu batuxo (barquiña típica do río Miño) cargado de aparellos: unha cana de pescar, unha xacia, un trasno, unha pandeireta...
O noso alumnado do 2º ciclo gozou moito con esta sesión onde voaban continuamente nomes de ríos, de peixes, de árbores, de lugares, de agarimos e sobre todo de sentimentos.
Grazas Anxo!


"Existe un país con mil ríos que desembocan cantando no mar"

"...Os ríos tedes que escoitar, cantar, as árbores tedes que abrazar, e moitas cariciñas tedes que dar..."

No hay comentarios:

Publicar un comentario