Hoxe recibimos a visita de Inacio Vilariño por xentileza do Consorcio Editorial Galego S.A. Foi unha sesión organizada polo EDLG para o alumnado do 1º ciclo de Primaria co fin de achegalos un pouco máis ao mundo da literatura, dos contos, da fantasía e da creatividade.
Inacio narrounos moitos e divertidos contos sobre uns animais aos cales lles ten moito afecto: os burros. O autor di que "hai animais que falan como as persoas e persoas que se comportan como animais". E non só contou historias, senón tamén cantou coa súa guitarra, subiuse a unha cadeira, saltou, correu, ... Así que o nosos peques quedaron encantados e pasaron unha xornada moi entretida.
Esta é a dedicatoria que nos deixa do seu paso pola nosa biblioteca.
Grazas Inacio!
No hay comentarios:
Publicar un comentario