Co taller "Charlie e a fábrica de chocolate" para o alumnado de 5º e 6º de Primaria, rematan as xornadas organizadas na nosa biblioteca para o mes do libro.
Como xa sabedes, neste ano 2014, cúmprense 50 anos dende que se publicou a primeira edición desta fantástica obra de Roald Dahl (véase entrada anterior aquí)
"La llave del éxito consiste en conspirar con los niños contra los adultos. Puede ser una forma simplita pero funciona. Los padres y los maestros son el enemigo"
Esta foi a frase de Roald Dahl que se lles presentou nunha cartolina, xunto a outras doutros célebres autores, para que os rapaces adiviñasen cal dixera este importante escritor de literatura infantil e xuvenil.
Tamén se lles falou da súa vida, dos libros que escribiu e que están na biblioteca e viron algúns fragmentos da versión cinematográfica que fixo Tim Burton de "Charlie e a fábrica de chocolate".
Ao final entregóuselles un billete dourado e un Umpa-Lumpa nos cales tiñan que escribir, nun o seu maior desexo e no outro, algo do que se quixeran librar.
Todos os billetes e Umpas quedaron expostos nun gran mural.
Botade unha ollada ás fotos.
Que ben o pasamos neste taller!!! Ahí vai o meu billete dourado: DESEXO QUE A BIBLIOTECA DO COLE SEXA UN ESPAZO DE MAXIA, DIVERTIMENTO E PAIXON POLA LECTURA!!!
ResponderEliminarP.D: Dádesme tamén unha onciña de chocolate como aos rapaces?