Onte rematou o taller "A Silueta" que se organizou na nosa biblioteca para o alumnado de 3º de Educación Primaria con motivo das xornadas que se están a realizar en Abril polo mes do libro.
Cada alumno/a tiña unha silueta humana debuxada en A4 e logo fixérona en grande en papel continuo. Nela foron escribindo en cada parte do corpo un recordo ou sensación seguindo as seguintes pautas:
Na cabeza, unha idea.
Nos ollos, unha imaxe.
Nos oídos, un son.
No nariz, un olor.
Na boca, un sabor.
No corazón, aquilo que máis queremos.
No estómago, aquilo que máis tememos.
Nos pés, o lugar máis recordado, prezado...
Nas mans, o que máis queremos protexer.
Para que vexades o resultado do proceso de elaboración, botádelle unha ollada ás fotografías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario