Dentro do programa CONECTANDO LECTURAS, Xabier Docampo visitou hoxe a nosa biblioteca para ter unha charla-coloquio co alumnado de 6º de Primaria sobre literatura e a súa novela "O misterio das badaladas".
Xabier Docampo, un dos máximos representantes da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, é un home tremendamente polifacético, xa que ademais de ser escritor, foi mestre, actor e director de teatro, autor de guións para cine e televisión, director de diferentes programas de radio...
DoCampo faloulles da importancia vital de contar historias e da dimensión da literatura e da lectura como técnicas fundamentais para coñecernos a nós mesmos e ser máis sabios (que non mellores, en palabras do autor)
O alumnado, sen darse conta realmente, comezou a participar nun debate sobre literatura non só aportando as súas opinións sobre o libro que leran, senón tamén sobre o que para eles significaba ler.
Despediuse recordando que teñamos moi presentes os libros, as experiencias da vida e que sexamos persoas críticas.
Grazas Xabier!

No hay comentarios:
Publicar un comentario