O pasado venres, 24 de Outubro, celebramos o día da Biblioteca cunha xornada de portas abertas durante o tempo de recreo e proxecto lector coa axuda dos nosos mini-bibliotecarios.
Houbo un photocall coa nosa mascota Brociños para todo o alumnado que quixo posar para celebrar o aniversario da apertura da nosa biblioteca.
Nos distintos postos situados nos patios do centro, o alumnado escribiu dedicatorias para a nosa biblioteca nunhas tarxetas xigantes e tamén recolleron tarxetas pequenas para elaboralas durante a sesión do proxecto lector. O equipo de biblioteca recolleu todas as tarxetas nas aulas e seleccionará as máis orixinais que serán premiadas esta semana cun pequeno agasallo como recordo deste día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario