Hoxe na nosa biblio o noso compañeiro Javi organizou un taller de guitarra eléctrica para o alumnado de 3º e 4º de Primaria.
Primeiro fixo unha pequena introdución á orixe histórica do instrumento para despois facer unha demostración das distintas técnicas e sons con tres guitarras diferentes. Tamén interpretou diferentes pezas musicais mostrando os distintos estilos entre eles o blues e as súas ramificacións tales como o rock, rock and roll, jazz...
Os rapaces estaban entusiasmados e saciaron as súas curiosidades facéndolle un montón de preguntas pero sobre todo, contaxiáronse da paixón de Javi pola música como podedes ver no vídeo.
Grazas Javi por presentar o teu proxecto á biblio. Un pracer
No hay comentarios:
Publicar un comentario