Ao longo da semana, dúas das profesoras integrantes do equipo de biblioteca explicaron ao alumnado de primeiro de Primaria o funcionamento da biblioteca do centro xa que se estrean como novos lectores e usuarios ao cambiar de espazo (o ano pasado utilizaban a Aula de Contos situada no pavillón de Infantil)
Explicáronlles as normas de uso, a situación dos estantes dos libros de ficción segundo o tipo de lector, a situación dos libros informativos por materias segundo a CDU...
Tamén se lles explicou como deben utilizar os ordenadores e onde están as pestanas marcadas en Google Chrome para buscar enlaces de interese para os primeiros lectores.
E por suposto a situación dos iPads e o seu funcionamento, clasificación das distintas carpetas das apps instaladas nos dispositivos así como unha demostración de como hai que facer para ler os códigos QR inseridos nos libros recomendados polos "nosos expertos".
E agora... esperamos que gocedes a tope deste espazo cos vosos profes e connosco. Espéranvos moitas moitas sorpresas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario