viernes, 26 de septiembre de 2014

Preparados... listos... Comezamos!

A semana que vén... xa!
Inaugurará a tempada o alumnado e os novos profes de 1º de Primaria aos que se lles formará como usuarios durante o proxecto lector xa que cambian de espazo no centro (da aula de Contos de Infantil á Biblioteca principal)
Os demais teredes que esperar ata o luns 6 para vir cos vosos titores na sesión asignada nos horarios.
Abrirase por fin a biblioteca durante o horario do recreo a partir do 1 de outubro. Dado o gran número de alumn@s no noso centro, ímoslle dedicar un día a cada nivel:
LUNS: Primeiros, MARTES: Segundos, MÉRCORES: Terceiros, XOVES: Cuartos, VENRES: Quintos e Sextos.
Tamén haberá un casting de mini-bibliotecari@s para os alumn@s de sexto que queirades colaborar na biblioteca durante este curso. Botade unha ollada ao cartel que está exposto no voso pavillón.



Un montonazo de aventuras, sorpresas, misterios... espéranvos escondidos entre as páxinas dos libros que poboan os estantes da nosa biblioteca.
Queda por diante un curso cheo de sonos convertidos en palabras.
Gozádeo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario