Despois de máis dunha semana de recibir solicitudes mediante email de alumnado voluntario de 6º de Primaria para axudar na biblioteca, hoxe por fin no recreo reuníronse todos os mini-bibliotecarios con algunhas profes do equipo de biblioteca.
Primeiro díxoselles cales ían ser as súas funcións e as tarefas a realizar na biblioteca: ordenar libros, etiquetar, facer préstamo, entregar e recoller os iPads e auriculares, atender o canto de ordenadores, facer recomendacións aos primeiros lectores...
Logo sorteáronse grupos de 6 mini-bibliotecarios para cada día da semana e entregóuselles o seu carné de axudante que tiveron que asinar.
Así é como quedan os grupos por días.
Grazas rapaces pola vosa colaboración e entusiasmo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario