lunes, 17 de noviembre de 2014

Lecturas sobre os dereitos do neno/a

Todos os 20 de novembro celebramos o Día Internacional dos Dereitos do Neno porque foi un 20 de novembro, pero de 1959, que a Asemblea Xeral da ONU aproba unha convención sobre os dereitos da infancia que constaba de 10 principios, entre outros, o dereito a ser iguais sen distinción de raza ou relixión, a recibir protección especial, a ter un nome e unha nacionalidade, a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas, a recibir educación ou a poder xogar.



Aquí tedes varios contos que recrean os principios recollidos nesa declaración, co obxectivo de lembrar a súa importancia e de darlles a coñecer aos nenos e nenas de hoxe en día uns dereitos fundamentais que desde hai décadas velan pola súa protección e desenvolvemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario