miércoles, 12 de noviembre de 2014

GaliciaLe: plataforma de préstamo de libros electrónicos


Para o alumnado amante da lectura, encontraredes en GaliciaLe o mellor xeito de gozar, xa que este espazo virtual vos permitirá ler en calquera lugar, momento e dispositivo: tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil...
Promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con Amtega e co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, GaliciaLe é unha plataforma para o préstamo de libros electrónicos para todas as idades e para todos os lectores e lectoras.
GaliciaLe pon a disposición en calquera biblioteca pública galega contidos de viaxe, ficción, historia, informática, cociña, biografías... e en múltiples formatos: dende audiolibros, libros electrónicos e interactivos ata álbums ilustrados.

Como acceder?
Para ser usuario ou usuaria o procedemento é ben sinxelo: só fai falta dispoñer do carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia. En caso de non dispoñer del, a solución é igual de doada: hai que dirixirse á biblioteca pública de Arteixo e solicitalo. Finalmente, chega con ter un dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.
GaliciaLe tamén facilita o xeito de lectura, xa que pode ser en liña, conectándote a internet ou mediante descarga, baixando o libro aos dispositivos que se desexe.
Entrade na plataforma e descubride todas as posibilidades de lectura!

No hay comentarios:

Publicar un comentario