Leoteca é unha plataforma de seguimento de lectura en forma de rede social que ofrece unha nova vía imaxinativa e atractiva para incrementar a motivación lectora dos nenos e das nenas. Actualmente conta con 45.000 libros de máis de 500 editoriais.
A través da plataforma (e sen necesidade de rexistro), pódese acceder a seleccións de lecturas recomendadas por franxa de idade e por temática. Os autores e ilustradores de literatura infantil e xuvenil tamén teñen un lugar destacado; e inclúe, ademais, un espazo para os "minutos literarios".
Dende a biblioteca animamos a todo o alumnado de segundo e terceiro ciclo a facerse usuario de Leoteca para poder compartir a vosa experiencia cos vosos amigos e profesores. Ademais, poderedes consultar que leu un compañeiro, facer suxestións, comentar os libros que vos gusten e realizar novas buscas para seguir lendo segundo as vosas preferencias e expectativas.
Animádesvos? Deixámosvos un vídeo promocional da plataforma para que vexades o seu funcionamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario