Compartir sempre ten premio... e moito máis cando o que compartimos son contos e libros que nos entusiasman, convertendo a lectura en algo contaxioso. Por iso, todos os que se animen a vir á biblioteca a contarnos en 15 segundos cal é o seu libro favorito, obterán un Código QR en propiedade, que lle será entregado certificado.
Aquí están algúns dos alumnos e alumnas que xa recibiron o seu certificado por recomendar libros como "Unha eiruga moi larpeira", "A toupiña que quería saber...", "O león Kandinga", "Frederick", "Os petos de Loreto", "A cebra Camila", "Tinta e Garabato", "Adivina cuanto te quiero", "El monstruo de los monstruos"... e moitos máis.

Xa sabedes que podedes ver as vosas recomendacións no noso canal de YouTube "Os expertos recomendan..." e encontraredes tamén os códigos QR que enlazan as recomendacións nos lomos dos libros elixidos por cada un de vós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario