jueves, 12 de marzo de 2015

Maxia debuxada con Gustavo Otero


Por xentileza da editorial SM, o noso alumnado de primeiro e terceiro ciclo tiveron a sorte de poder participar onte nun taller interactivo de animación á lectura no Centro Cívico de Arteixo co ilustrador e mago Gustavo Otero.
Gustavo Otero é ilustrador de libros. Segundo as súas palabras, un ilustrador é un ilusionista, unha especie de mago que engade luz aos libros a través do debuxo. Saber debuxar é saber ver e pensar.
Cando quere ilustrar un libro, Gustavo comeza por lelo. A medida que coñece o argumento, debuxa os personaxes de todas as formas que se lle ocorren. Despois fai un casting entre todos os debuxos para elixir a imaxe definitiva do protagonista e dos seus compañeiros.
Gustavo Otero non só fai maxia co debuxo. Hoxe descubrimos que tamén fai "maxia maxia", sabe sacar moedas da nada, cambiar obxectos de cor...

Durante dúas sesións os nosos alumnos e alumnas gozaron enormemente do espectáculo de maxia, fantasía e ilusión ofrecido por este xenial ilustrador.


Estes días na biblioteca estarán expostos os debuxos que nos fixo Gustavo a todos os que estivemos alí. Pronto chegarán varios dos seus libros ilustrados.



Se queredes aprender máis cousas do "noso amigo mago", mesmo algún truco de maxia co que sorprender a familia e amigos, botade unha ollada á súa páxina web: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario