martes, 24 de marzo de 2015

Viaxamos a... África!

Está xa todo listo na Aula de Contos de Infantil para achegar aos nosos peques a un continente complexo que resulta, por unha parte, ser berce da humanidade, territorio soñado por novelistas e fonte de grandes riquezas para as sociedades do primeiro mundo. Pero tamén un territorio espoliado por outros países, cunha poboación sen posibilidade de acceso aos bens básicos e soportando desastres naturais, secas e colleitas escasas.



Aquí tedes unha serie de lecturas que axudarán a sensibilizar os nenos e nenas e  para que aprecien e valoren unha cultura africana moi rica en mitos, ritos e tradicións colectivas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario