martes, 14 de abril de 2015

Feira do Libro Solidario en Ponte dos Brozos


Todos os nenos e nenas tedes na casa libros que xa non ledes, ben porque vos aburriron ou porque vos "quedaron pequenos" pero ainda son libros en bo estado. Por iso, dende a biblioteca queremos celebrar o 23 de Abril,  Día do Libro, na súa versión máis solidaria.
Ata o día 20 de abril podedes traer libros que xa non usedes da casa e depositalos nos postos habilitados en cada pavillón do colexio. O equipo de Biblioteca encargarase de organizalos.
O día 23 de abril terá lugar no centro a Feira do Libro Solidario onde para poder levar  un libro "novo", teredes que intercambialo por un quilo de alimentos non perecedeiros.
Todos os alimentos recollidos serán entregados a Cáritas de Arteixo. 
Deste xeito, todos sairemos gañando!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario