Marcapáxinas pola Solidariedade é unha proposta didáctica da organización Save the Children, para o 23 de abril, Día Internacional do Libro, que busca poñer a creatividade dos alumnos ao servizo da infancia máis desfavorecida.
A actividade Marcapáxinas pola Solidaridade persegue os seguintes obxectivos:
- Inculcar os valores solidarios entre os máis novos.
- Desenvolver neles un espírito crítico, que lles permita coñecer a situación da infancia nos países empobrecidos.
- Promover o gusto pola lectura.
- Recadar fondos destinados a contribuír a que mellore a situación dos nenos e nenas e os seus dereitos se vexan cumpridos.
Durante esta semana encontraredes na biblioteca os patróns dos modelos dos marcapáxinas para que elaboredes os vosos e logo poder vendelos entre familiares e amigos, a cambio dun donativo. Os fondos conseguidos destinaranse a mellorar a situación dos nenos e nenas en Malí.
Aquí temos os primeiros voluntarios e voluntarias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario