Os libros, ás veces, fanse unha homenaxe a si mesmos converténdose nos protagonistas das narracións. Os escritores, as palabras, os personaxes máis coñecidos dos contos clásicos entran nas historias facéndose os donos e señores. É coma se os libros dixesen: agora imos falar de nós. De como nos facemos, de quen nos escribe e nos ilustra, dos lectores que nos devoran, de quen nos coidan e de quen nos ordena...
Nesta semana que celebraremos o Día Mundial do Libro mostrámosvos unha nova guía de lectura que trata sobre libros, libreiros, bibliotecas, lectores voraces, sociedades onde os libros están prohibidos, libros que mencionan outros libros...
No hay comentarios:
Publicar un comentario