jueves, 21 de mayo de 2015

Contacontos Kalandraka

Onte visitaron a Aula de Contos de Infantil Patricia e o músico Alex para compartir con todos os nosos peques algúns contos da editorial KalandrakaSacapenas, Once Damas atrevidas e Tío Lobo.



Que ben o pasamos cos contos de Patricia e que ben soaba o acordeón de Alex! Ao finalizar as sesións, estes dous magníficos contadores de contos inauguraron o noso canto de persoeiros da Aula de Contos deixándonos unha dedicatoria.


Tamén nos agasallaron cun "sacapenas" para cada aula (pequenos bonecos feitos de madeira, tea e fío, orixinarios de Guatemala) para que os máis pequenos lles conten as súas preocupacións e así poder superar os seus medos.


Moitas grazas pola visita, Patricia e Alex!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario