miércoles, 27 de mayo de 2015

Hoxe visitounos... Jacobo Fernández

Hoxe estivo na nosa biblioteca Jacobo Fernández, ilustrador, pintor e autor de banda deseñada.
Os nosos alumnos e alumnas de segundo estiveron ben atentos ás súas explicacións. O ilustrador faloulles da súa paixón polas historias e o debuxo. Dende moi pequeno prefería pintar por riba de todo, aínda por riba do fútbol... Así que cos libros que chegaban ás súas mans, grazas aos seus pais moi lectores, Jacobo comezou a crear historias na súa cabeza e a plasmalas no papel. Así xurdiron algunhas das súas xoias literarias.



Pero hoxe, a protagonista era Marcopola, esa illa remeira perdida no medio do océano e os seus amigos Libro, Dragoneta e os piratas da Lúa... 
Contestou a unha morea de preguntas dos nosos pequenos lectores e ensinounos como debuxar a Marcopola! 
Tamén houbo tempo para asinar os exemplares dos nosos alumnos e alumnas. Que ilusión lles fixo!


Ademais, deunos una pista da seguinte entrega desta illa: hai un roubo... E ata ahí podemos ler...
Moitas grazas Jacobo! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario