viernes, 5 de junio de 2015

Visita ao IES Manuel Murguía

Hoxe os alumnos e alumnas de 6º visitaron o IES Manuel Murguía e entre eles estaban os nosos Mini-Bibliotecarios que realizaron unha visita especial á biblioteca do instituto. Alí foron recibidos pola coordinadora da biblioteca, Isabel Maturana coa que conversaron e intercambiaron experiencias. Os Minis explicaron as labores que realizan na nosa biblioteca: asesoría de itinerarios lectores, atención ao préstamo, organización, etiquetaxe de libros... E Isabel explicoulles o funcionamento da biblioteca que os espera no futuro. Entre eles, xa están argallando como vai ser aproveitada a súa experiencia no IES. Nós, dende aquí, esperamos que este proxecto, que arrancamos en setembro con moita ilusión por parte do Equipo de Biblioteca e moito entusiasmo por parte de eles e elas, teña continuidade no futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario