viernes, 22 de enero de 2016

A estrela de Laura

Xa chegou o Universo de Contos a nosa biblioteca. E que mellor que empezar coa pequena Laura e a súa estrela, un precioso conto da editorial Beascoa.
Contamos como Laura atopou a súa estrela e como descubríu que ás veces tes que deixar marchar as cousas que máis queres e pensar nos demais antes que en ti mesmo.
Como na nosa biblioteca sempre pasan cousas máxicas, o noso amigo Brociños deixounos estrelas nunhas caixas porque en Sisalde esto de caer estrelas pasa moi a miúdo e tivemos que argallar como subilas ao ceo de novo. Vaia problemón! 

Os nosos nen@s puxeron a funcionar rapidamente a súa imaxinación e xurdiron unha morea de ideas: cun canón, cun tiracroios, cunha cama elástica, cun cohete espacial, dando un salto, cunha escaleira xigante, unha torre humana... 
Como iamos resolver o noso problema? Pois Brociños, que sempre pensa en todo, deixounos tamén uns globos prateados. Así que atamos as nosas estrelas e fomos soltalas ao patio. Seguímolas coa mirada ata que se perderon por enriba das nubes... Tiñamos un pouco de tristura no corazón pero sabiamos que era o que tiñamos que facer.


No hay comentarios:

Publicar un comentario