miércoles, 20 de enero de 2016

Colección de libros informativos "Nos gusta saber"


Os libros de non ficción ou de carácter divulgativo son cada día máis demandados polo profesorado e o alumnado do noso centro. Durante os últimos anos detéctase a necesidade de complementar a información que nenos e nenas atopan en internet con libros impresos que ofrezan información dunha forma atractiva e motivadora. 
Por iso pareceunos axeitado incluír na nosa biblioteca a estupenda serie de libros informativos "Nos gusta saber" da colección "Las Tres Edades". Estes fantásticos libros editados pola editorial Siruela abarcan diversos campos da ciencia, sobre astronomía, bioloxía, filosofía, matemáticas... Libros diferentes aos libros de texto e que ao mesmo tempo nos permiten entender mellor o mundo que nos rodea.

Aquí tedes a algúns dos nosos lectores máis expertos botándolles unha ollada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario