jueves, 14 de enero de 2016

Volta ao mundo con Magallanes e Elcano

Aínda que, a primeira ollada, non podían ser máis distintos entre si, no fondo Magallanes e Elcano eran iguais: dous homes de acción onde o amor polo mar estaba por encima de todas as cousas. Nunha época en que os capitáns de barco eran auténticos ídolos, eles embarcáronse nunha das máis incribles aventuras que ninguén puidese imaxinar. Unha viaxe ao redor do mundo sen destino fixo nin data de regreso. Fame, tormentas, enfermidades... non se libraron de nada!


Neste segundo trimestre queremos que o alumnado de 3º e 4º nivel viaxe ao redor do mundo con estes dous intrépidos exploradores. Na biblioteca atoparedes un libro de Gorka Calzada da colección Sabelotod@s que vos axudará a coñecelos mellor e poderedes entón resolver todas as preguntas do seguinte test que vos entregarán os vosos titores.



Enviádenos un correo co test resolto ou entregarllo a algún integrante do Equipo de Biblioteca para elaborar o ranking deste segundo Brozo-reto.

Que grupo resolverá primeiro? Quen viaxará máis rápido ao redor do mundo?

No hay comentarios:

Publicar un comentario